Proximamente, publicaranse as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono Consolida e procederase á súa convocatoria para a anualidade 2023.
Co fin de aclarar posibles dúbidas, especificar o obxecto do programa, os conceptos subvencionables e quen o pode solicitar, o Foro pola Economía Social Galega organiza este webinario aberto a calquera persoa interesada que terá lugar o vindeiro 16 de maio e ao que se pode acceder vía enlace: https://us06web.zoom.us/j/86103824629.
Un técnico da Xunta de Galicia informará sobre esta axuda en concorrencia non competitiva.