O Foro pola Economía Social Galega é un espazo de encontro entre entidades da economía social galega. Un Foro que sexa portavoz das súas demandas e propostas, e un actor principal que favoreza o impulso, visibilidade e recoñecemento da Economía Social como motor de xeración de emprego, democracia económica, sustentabilidade, desenvolvemento rural e distribución de riqueza en Galicia.