O 19 de xaneiro de 2018 nace o Foro pola Economía Social Galega, formado inicialmente polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lubro (CEGASAL) e Espazocoop, Unión de Cooperativas Galegas.
O Foro pola Economía Social Galega aglutina a 371 entidades e organizacións, que sosteñen 9.726 empregos directos, e xeran un volume de ingresos de máis de 1.600 millóns de euros.