© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://twitter.com/foroesgalhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQ
Foroesgal
Autoridades antes do inicio da presentación do Manifesto da Economía Social
Celso Gándara, Maravillas Espín, Mª Jesús Lorenzana, Yolanda Díaz, José Miñones, Juan Antonio Pedreño, Covadonga Toca e Diego Calvo Pouso

Preséntase en Compostela o Manifesto pola Economía Social

 

Fundación Laboral de la Construcción, en Santiago de Compostela, serviu de escenario para a presentación do Manifesto da Economía Social, evento organizado polo Ministerio de Traballo e Economía Social con gran presenza de  representantes institucionais, incluída Yolanda Díaz, a vicepresidenta segunda do goberno e ministra de Traballo e Economía Social.
 
A inauguración correu a cargo de  Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e de Mª Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. De seguido tivo lugar un diálogo aberto, moderado pola delegada do diario Expansión en Galicia, Abeta Chas e no que participaron Maravillas Espín Sáez, directora general de Trabajo Autónomo, Economía Social y Responsabilidad Social de las Empresas no Ministerio de Trabajo y Economía Social; Covadonga Toca Carús, directora xeral Emprego; Juan Antonio Pedreño, presidente de Cepes e Celso Gándara, presidente do ForoESGal, quen, en resposta ás preguntas da moderadora destacou varios retos a alcanzar, obxectivos propostos e estratexias a seguir por parte da Economía Social en Galicia.
 

Retos da Economía Social en Galicia

1)    Incrementar o peso da economía social galega na economía que nestes momentos cífrase no 7% do PIB Galego. Para logralo son claves O PERTE de ES e dos Coidados; o agroalimentario; o da Economía Circular e a Estratexia Galega de Economía Social onde o traballo intersectorial foi un dos aspectos máis relevantes. Ademais dos sectores onde tradicionalmente a economía social ten presencia como o agroalimentario, servizos sociais ou pesca, identificamos outros como a educación e cultura, medioambiente (Xestión de Residuos e Economía Circular) ou enerxías renovables (comunidades enerxéticas)

2)    O desenvolvemento da INNOVACIÓN SOCIAL pode ser a través das maridaxes:
-Entre as distintas familias de ES:  cooperativismo agroalimentario con economía dos coidados, ou empresas de inserción e Centros Especiais de Emprego con Xestión de residuos, ou programas de emprego do Terceiro Sector con sector agroalimentario. Comunidades de montes e Confrarías de Pescadores con Cooperativismo de Traballo.....
-Territorial: con alianzas para o dimensionamento, o coñecemento, a innovación con empresas doutros territorios.
-Incorporación de Mulleres aos órganos de goberno.
-Incorporación de xóvenes.

3) Fomento do EMPRENDEMENTO.

Obxectivos 

Este ano, Santiago de Compostela foi declarada Capital da Economía Social. Entre os obxectivos a alcanzar figuran:
1)    Xeración de Identidade: En cada familia da economía social poderíamos identificar a súa necesidade e a solución que xerou en cada momento histórico.
2)    Visibilización do valor que achega a Economía Social Galega. Nese senso, dende o ForoESGal vimos de publicar un estudo que cuantifica o Impacto socioeconómico da economía social galega, con datos realmente impactantes.

Estratexias 


Xerar complicidades e intercooperación:
-Xerando espazos de encontro.
-Identificando oportunidades.
-Promovendo conexións significativas entre diversas entidades e organizacións.

Antes de clausura, protagonizada por Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do  Goberno e ministra de Trabajo y Economía Social, tivo lugar unha homenaxe a dúas figuras históricas da Economía Social Galega: José Severino Montes Pérez, quen no seu día foi presidente de Feiraco (agora Clun) e de AGACA e José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal.

Ademais das autoridades mencionadas tamén estiveron presentes Diego Calvo Pouso, vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes,  José Miñones, Delegado do Goberno en Galicia e, ademais doutros moitos máis cargos de Institucións pero tamén doutras entidades e empresas vinculada á ES.
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar