© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal
ForoESGal celebrará o vindeiro 16 de Xuño, un ano máis, o Día da Economía Social Galega, unha xornada para pór en valor o sector e analizar os retos e desafíos futuros

 


O programa do Día da Economía Social Galega incluirá unha mesa redonda sobre o camiño trazado desde o ForoESGal desde a súa orixe

Santiago, 10 de xuño de 2025.-  O ForoESGal celebrará o vindeiro luns, día 16, o Día da Economía Social Galega, unha xornada de especial relevancia para o sector que contará coa presenza das diferentes familias que dan vida ao Foro así como de representantes institucionais. A actividade, que terá como escenario o Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, dára comezo ás 12.00 horas coa benvida do presidente do Foro pola Economía Social Galega, Mino Martínez. 

A continuación, será a quenda para a inauguración institucional, da man do presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; o Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta, Pablo Fernández; e o Delegado de Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Ás 13.00 horas desenvolverase a mesa redonda "O camiño do ForoESGal: mirada dende a orixe", na que intervirán José Antonio Vázquez (ex presidente de Cegasal e fundador do ForoESGal); Pepe Montes (expresidente de Agaca e fundador do ForoESGal); Miguel Fernández (expresidente de Aeiga e fundador do ForoESGal); Eduardo Salido (presidente de Aesgal e fundador do ForoESGal); e Ana Olveira (presidenta de EspazoCoop e Vicepresidenta segunda do ForoESGal). Como moderadora actuará Carmen Rodríguez, presidenta de Agaca e vicepresidenta 1ª do ForoESGal.

Ás 14.00 horas, terá lugar a clausura institucional a cargo do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración José González.

Un cóctel-networking poñerá o colofón á xornada.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar