© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal
ForoESGal celebrará o vindeiro 16 de Xuño, un ano máis, o Día da Economía Social Galega, unha xornada para pór en valor o sector e analizar os retos e desafíos futuros

O Día da Economía Social Galega, organizada por ForoESGal, reunirá o vindeiro 16 de xuño ás familias máis representativas do sector para compartir, reflexionar e poñer en valor a ES

Santiago, 26 de maio de 2025.-  Xa temos data para o gran Día da Economía Social Galega. O vindeiro 16 de xuño volverémonos xuntar para compartir logros e obxectivos; analizar retos e desafíos; e, o que para o ForoESGal é o máis importante, sumar forzas para poñer en valor o noso sector. Tamén para dar maior visibilidade ao importante papel da economía social como motor de xeración de emprego, democracia económica, sustentabilidade, desenvolvemento rural e distribución de riqueza en Galicia.


Os cambios lexislativos, o cada vez maior peso da ES no contexto europeo e internacional e as manifestas achegas desta fórmula empresarial para a consecución dun mundo xusto, sostible e igualitario, posiciónanos nun horizonte cheo de oportunidades, mais cómpre remar todos na mesma dirección para ir acadando as nosas metas.

Neste camiño, o diálogo e a reflexión son fundamentais e con ese espírito celebraremos desde o ForoESGal unha nova edición desta xornada de tanta relevancia para nós. Desde o Foro estamos xa a traballar no programa dun encontro que un ano máis, reunirá, entre outras persoas, aos integrantes das familias máis representativas da #EconomíaSocialGalega que dan vida ao ForoESGal: Agaca, Aeiga, Aesgal, Cegasal e EspazoCoop

A cita terá lugar no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar