© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal
Xornada CES Galicia
Xornada CES Galicia
    • En 2021 creáronse 174 novas empresas sumando 521 persoas socias promotoras

 

O 14 de xaneiro reuniuse o pleno do Consello da Economía Social en Galicia. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, subliñou que en 2021, e a pesares da situación pandémica, creáronse na comunidade 174 novas iniciativas que aglutinan 521 persoas socias promotoras e destacou como prioridade para o Goberno galego, o potenciamento da economía social como fórmula económica atendendo aos valores que promove como a solidariedade, a democracia empresarial e o apego co territorio..

Os datos reflicten un total de 3.150 entidades de economía social activas: 1.571 sociedades cooperativas, 1.448 sociedades laborais, 117 centros especiais de emprego e 14 empresas de inserción. No tocante á presenza feminina destacouse que, no caso particular das cooperativas creadas en 2021, supoñen case o 51% das persoas socias.

Por outra banda, lembrouse a existencia do primeiro Catálogo de entidades e empresas de economía social de Galicia, que pode atoparse na páxina web www.catalogoeconomiasocial.gal. 

O catálogo, como recolle a páxina da Xunta, recolle "máis de 7.000 referencias de entidades e empresas da economía social nas que ademais das fórmulas empresariais -cooperativas (son o 22,5%), sociedades laborais (20,5%), empresas de inserción laboral (0,20%) e centros especiais de emprego (1,6%)- constan entidades doutra natureza como comunidades de montes en man común ( o 42,75%), sociedades agrarias de transformación (10,3%), Confrarías (0,89%), agrupacións forestais (0,61%), montes de varas (0,45%), sociedades de fomento forestal (0,20%), comunidades de bens (0,14%) e mutualidades (0,04%)".

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar