© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://twitter.com/foroesgalhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQ
Foroesgal

Foro

Acerca de nós

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nacemos o 19 de xaneiro de 2018. O Foro pola Economía Social Galega está formado inicialmente polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social de Galicia: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e Espazocoop, Unión de Cooperativas Galegas.

 Dende o Foro pola Economía Social Galega aglutinamos a 371 entidades e organizacións que sosteñen 9.726 empregos directos, e xeran un volume de ingresos de máis de 1.600 millóns de euros.

 

Obxectivos principais 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • Visibilizar a economía social perante a sociedade galega e o resto de axentes políticos, económicos e sociais, representando diante deles os intereses da economía social.
  • Xerar condicións para o desenvolvemento das entidades da economía social a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación pública.

 

Misión


 

O Foro pola Economía Social Galega é unha iniciativa socio-empresarial representativa da Economía Social en Galicia, lugar de encontro das distintas familias que a compoñen e portavoz das súas demandas e propostas, ao tempo que actor principal para favorecer o impulso, visibilidade e recoñecemento da Economía Social como motor de xeración de emprego, democracia económica, sustentabilidade, desenvolvemento rural e distribución de riqueza en Galicia.

 

Visión


 

O Foro pola Economía Social Galega aspira a ser a entidade de referencia no ámbito da Economía Social en Galicia, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios da Economía Social, fomentando a intercooperación entre as distintas familias que a compoñen, colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.

 

Saúda do presidente


 

Mino Martínez, presidente do Foro pola Economía Social Galega

É unha honra para min asumir a presidencia do Foro pola Economía Social Galega, unha organización que desde a súa creación en 2018 demostrou ser un piar fundamental na promoción da economía social  en Galicia. Ao longo destes anos, avanzamos considerablemente na construción dun tecido económico máis solidario, equitativo e sostible, e estou comprometido a continuar e expandir este labor.

A economía social non é só un concepto, é a visión integral do desenvolvemento que pon ás persoas no centro das nosas accións e decisións. Nun mundo onde as desigualdades e a exclusión seguen sendo retos significativos, o traballo que realizamos no Foro é hoxe máis relevante que nunca.

Desde a presidencia, propóñome fomentar o diálogo e a colaboración entre todos os actores involucrados na economía social: cooperativas, centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción, e outros organismos que comparten os nosos valores. Creo firmemente que a unión e a colaboración entre todos son a clave para lograr os nosos obxectivos comúns.

Quédanos por diante un longo camiño e un escenario en constante cambio. Debemos estar preparados para enfrontar novos desafíos e aproveitar as oportunidades que se presenten. Neste sentido, o meu compromiso é impulsar iniciativas que non só respondan as necesidades actuais, senón que tamén anticipen e preparen o terreo para o futuro.

Agradezo profundamente a confianza que depositaron en min para presidir ForoEsGal. Estou convencido de que, xuntos, podemos seguir construíndo unha Galicia máis xusta e próspera, onde a economía social sexa un motor de cambio positivo e sostible. A súa participación activa e o seu apoio son esenciais para o éxito da nosa misión. Estou ansioso por colaborar con todos vostedes e por escoitar as súas ideas e propostas.

 

Mino Martínez

Presidente do ForoESGal

Es un honor para mí asumir la presidencia del Foro pola Economía Social Galega, una organización que desde su creación en 2018 ha demostrado ser un pilar fundamental en la promoción de la economía social  en Galicia. A lo largo de estos años, hemos avanzado considerablemente en la construcción de un tejido económico más solidario, equitativo y sostenible, y estoy comprometido a continuar y expandir esta labor.

La economía social no es sólo un concepto, es la visión integral del desarrollo que pone a las personas en el centro de nuestras acciones y decisiones. En un mundo donde las desigualdades y la exclusión siguen siendo retos significativos, el trabajo que realizamos en el Foro es hoy más relevante que nunca.

Desde la presidencia, me propongo fomentar el diálogo y la colaboración entre todos los actores involucrados en la economía social: cooperativas, centros especiales de empleo sin ánimo de lucro, sociedades cooperativas, sociedades laborales, empresas de inserción, y otros organismos que comparten nuestros valores. Creo firmemente que la unión y la colaboración entre todos son la clave para lograr nuestros objetivos comunes.

Nos queda por delante un largo camino y un entorno en constante cambio. Debemos estar preparados para enfrentar nuevos desafíos y aprovechar las oportunidades que se presenten. En este sentido, mi compromiso es impulsar iniciativas que no solo respondan a las necesidades actuales, sino que también anticipen y preparen el terreno para el futuro.

Agradezco profundamente la confianza que han depositado en mí para presidir este Foro. Estoy convencido de que, juntos, podemos seguir construyendo una Galicia más justa y próspera, donde la economía social sea un motor de cambio positivo y sostenible. Su participación activa y su apoyo son esenciales para el éxito de nuestra misión. Estoy ansioso por colaborar con todos ustedes y por escuchar sus ideas y propuestas.

 

Mino Martínez

Presidente do ForoESGal

 

Organigrama


 

Organigrama FOROESGAL

Foto: Eduardo Salido, Isabel Fraga, Mino Martínez, Carmen Rodríguez e Ana Olveira

Mino Martínez, representante de CEGASAL. Presidente de ForoESGal

Carmen Rodríguez, representante de AGACA. Vicepresidenta primeira.

Ana Olveira, representante de ESPAZOCOOP. Vicepresidenta segunda.

Isabel Fraga, representante de AEIGA. Secretaria.

Eduardo J. Salido, representante de AESGAL. Vocal.

Entidades socias

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
AGACA

A organización representativa do cooperativismo agrario galego, ofrecendolles formación, información e asesoramento a través da súa estrutura.


Enderezo:
Rúa de Tomiño, 22, Entlo
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 58 47 83
Web: http://agaca.coop/

 

ESPAZOCOOP

Asociación que agrupa ás cooperativas galegas. Representa, defende e presta servizos ás cooperativas, ademais de apoiar a súa consolidación e crecemento.


Enderezo:
Rúa do Hórreo, 104
15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 57 55 78
Web: https://espazo.coop/

 

CEGASAL

Entidad de referencia, defensa, promoción y representación de las iniciativas empresariales sin ánimo de lucro de Economía Social.


Enderezo:
Rúa de Modesto Brocos, 7
15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 57 46 98
Web: http://cegasal.com/

 

AESGAL

Entidade que defende e representa os intereses das sociedades laborais galegas, achegando unha forma de facer empresa en colectivo e respetuosa.


Enderezo:
Rúa da República de El Salvador, 27, 1ºB
15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 34 06
Web: http://aesgal.org/

 

AEIGA

Entidade social sen ánimo de lucro que está a traballar no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.


Enderezo:
Rúa dos Concheiros, 33.
15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 95 74 52
Web: https://www.aeiga.org