© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal

Yolanda Díaz escenifica en Galicia o seu apoio á economía social e ao modelo produtivo que representa

O encontro coa ministra de Traballo e a directora xeral de Economía Social congregou en Santiago de Compostela aos representantes de todas as organizacións que conforman o Foro pola Economía Social Galega

·

A día de hoxe, na economía social galega hai máis de 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.

A ministra de Traballo Yolanda Díaz, acompañada pola directora xeral de Economía Social, Maravillas Espín, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Loasada, mantivo esta mañá en Santiago un encontro co Foro pola Economía Social  Galega co que renovou a súa axenda de contactos coas comunidades nas que a economía social “demostra unha especial preponderancia”. Entre os obxectivos da reunión, explicou a ministra, atópase o de avaliar os elementos que conforman o Plan Estratéxico da Economía Social de España.

Díaz sinalou no seu discurso, a importancia do compromiso do Ministerio de Traballo e Economía Social, “que non se circunscribe só ao nome da carteira, senón que implica un claro apoio á un xeito de facer economía que serve para fixar poboación, que apoia a contorna rural e que amosou ser máis eficaz nos tempos duros de crises como pasou en 2008 e como está a pasar agora pola pandemia”.

A ministra tamén salientou o feito de que España presida a Economía Social no conxunto de Europa e anunciou un cume europeo en Toledo. Así mesmo, lembrou o esforzo lexislativo durante a pandemia “que permitiu que a Economía Social puidese, por exemplo, acollerse aos beneficios dos ERTE o adecuar o seu funcionamiento orgánico durante o estado de alarma.”


Economía diferencial

Por su parte, Celso Gándara, presidente do Foro, destacou no encontro posterior cos medios o “comportamento diferencial” da economía social, “que afecta tanto á configuración do seu persoal e ás condicións de traballo dos seus empregados, como á súa especialización produtiva e á súa localización xeográfica”. Isto leva, dixo, “unha importante contribución á cohesión social e á cohesión territorial”.

Gándara explicou que os beneficios totais, tanto directos como indirectos, da economía social en España cífranse en 6.229 millóns de euros anuais dos cales: o 71,7% está vinculado á ocupación de colectivos con dificultades de acceso ao emprego e o 16,9% á maior estabilidade no emprego.

Falou tamén o presidente do Foro, do importante papel que pode xogar a economía social na reconstrucción económica e pediu o apoio da ministra para fomentar o emprendemento colectivo como motor para esta reactivación “xa que ten máis capacidade de resiliencia que o individual. Este emprendemento ten que situarse en proxectos estratéxicos e cos debidos apoios institucionais e financeiros”.

Tamén se referiu a sectores en Galicia coma o agroalimentario, ensino, cultura, forestal, servizos sociais e sanidade “onde existen oportunidades que requiren de vontade política, plans e recursos”. Nesto censo, Celso Gándara pediu que todos os axentes que forman parte do sistema de apoio ao emprendemento coñezan a economía social para podela ofrecer e derivar a recursos especializados para acompañar, así como a eliminación de limitacións que teñen algunhas empresas de economía social ao acceso das axudas públicas xerais para empresas ordinarias.


A Galicia Vaciada

O presidente do Foro referiuse á Galicia vaciada e ao papel que neste eido xoga a economía social: “Onde hai unha cooperativa agroalimentaria é a principal empresa desa localidade”. Polo tanto, sinalou, a economía verde, a economía circular, a dixitalización e a economía social “son os ingredientes necesarios para abordar os retos do rural”.

Na reunión tamén interviron os representantes das diferentes organizacións que conforman o Foro para facer unha breve radiografía da situación actual e dos retos que se lles presentan no futuro inmediato.


Máis de 4.700 organizacións e case 25 traballadores

O Foro pola Economía Social Galega naceu en Santiago de Compostela no ano 2018 impulsado polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social galega: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e Espazocoop, Unión de Cooperativas Galegas.

Á día de hoxe, na economía social galega hai máis de 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar