Iniciamos rolda de reunións cos partidos políticos que presentan candidaturas ás eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo.
É preciso que a sociedade en xeral e os futuros gobernantes en particular coñezan o valor da economía social así como as súas características, suxestións e necesidades tendo en conta que segundo o último estudo realizado, pola Universidade de Santiago de Compostela, sobre a economía social en Galicia, cifraba nun 7,5% do PIB á súa contribución na nosa comunidade autónoma. En termos de emprego, cuantífícanse 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas (segundo o tipo de entidade).
Resulta evidente que a economía social é fundamental tanto a nivel de cohesión social como de cohesión territorial, polo tanto é indispensable incorporala incorporala de maneira transversal no deseño das políticas públicas, de forma especial no eido do rural, servizos sociais, educación, mar, cultura, servizos profesionais e servizos a industria. Este recoñecemento como sector estratéxico implica profundizar no seu carácter representativo incorporándoa a Mesa de Diálogo Social.
A modo de síntesis, centramos as nosas demandas en cinco puntos:
1- Visibilizar a economía social e potenciar o seu carácter representativo.
2- Acometer determinadas reformas lexislativas.
3- Activar medidas concretas de impulso da economía social.
4- Desenvolver cambios nas medidas de contratación pública favorecendo ás entidades de economía social.
5- Presentación de propostas para trasladar a outros ámbitos institucionais.
Estas cuestións figuran desenvolvidas máis extensamente no documento que estamos a facer chegar ás diferentes formacións políticas que concorren ás eleccións e á sociedade en xeral. Cómpre dar visibilidade á importancia crecente que a economía social ten como sector económico artellado, presente en todo tipo de actividades, xeradora de emprego inclusivo e de calidade, fomentadora da cohesión territorial e dunha verdadeira sustentabilidade medioambiental.