Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

Foroesgal
Oportunidades Sectoriais para entidades da Economía Social FOROESGAL 2020

4 Oportunidades Sectoriais e 1 Informe sobre ferramentas da Economía Social 

No marco da Rede Eusumo, analizamos as potencialidades de catro sectores diferentes: os montes veciñais, os centros especiais de emprego, a educación infantíl e a transformación de empresas a entidades de economía social como oportunidades de emprego viables e analizamos as principais ferramentas de fomento da Economía Social.

Entre os obxectivos do Foro, ademais da visibilidade e da representatividade das entidades da Economía Social, búscase xerar condicións para o desenvolvemento das entidades de economía social galega. Nesta liña vimos de elaborar un Informe en detalle sobre catro Oportunidades Sectoriais, de xeito que poidan orientar algunha das políticas públicas ou dos dispositivos de apoio ao emprendemento e outro, onde analizamos os principais aspectos da política de fomento da Economía Social en Galicia a través da Rede Eusumo incluíndo recomendacións ao efecto.

Oportunidades Sectoriais para entidades de Economía Social

O informe analiza en profundidade, catro áreas:

  • No ámbito do rural galego, cunha reflexión sobre o monte, especialmente o monte veciñal en man común, incorporando unha análise xurídica da relación que se establece coa economía social.
  • Avalíanse as posibilidades de impulso dos centros especiais de emprego mediante a análise das licitacións públicas reservadas -actuais e potenciais-, co obxectivo de manter o emprego e a actividade empresarial.
  • Abárcanse as posibilidades de novas entidades de economía social no sector do ensino infantil, igual que existen xa modelos cooperativos de éxito no ensino regrado obrigatorio, tanto mediante concertos educativos - principalmente- como con carácter privado non concertado.
  • Estúdase o impulso e creación de novas entidades derivadas da transformación de sociedades mercantís en crise, por xubilación ou cese da actividade, noutras de Economía Social, especialmente cooperativas e sociedades laborais. 

Consultar aquí

Análise das principais ferramentas de fomento da Economía Social no marco do Informe de reformulación da Rede Eusumo

Este documento de análise dos principais aspectos da política de fomento da Economía Social en Galicia a través da Rede Eusumo, así como as conclusións proporcionan liñas de mellora e fortalecemento da política sobre base á identificación dos resultados máis salientables, enmarcados nas actividades e iniciativas do Foro pola Economía Social Galega desenvolvidas en colaboración coa Rede Eusumo da Consellería de Emprego e Igualdade.

Nunha primeira parte analízase a política de fomento da economía social levada a cabo pola Xunta de Galicia ao longo da última década, as principais liñas de actuación, así como os instrumentos empregados para a consecución dos obxectivos definidos, focalizando a atención no estudo das diferentes liñas de axudas utilizadas. Faise especial fincapé na Rede Eusumo, no seu financiamento, funcionamento e resultados. 

Nunha segunda parte realízase un achegamento comparado a diferentes territorios do Estado e ás políticas de fomento da Economía Social que están a levar a cabo. Finalmente, preséntase un apartado de conclusións e recomendacións a ter en conta para unha reformulación da Rede Eusumo como principal instrumento de fomento da Economía Social, dentro do traballo do Foro pola Economía Social Galega.

Consultar aquí