Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

Foroesgal

Meetings 2018-2019

Ao longo do 2018 e 2019, celebráronse varios meetings intercambiando coñecementos e experiencias.

.

2018-2019.

 

METODOLOXÍA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O programa de Meetings deseñouse como sesións periódicas de curta duración, para permitir o desenvolvemento da actividade propia o resto da xornada, nas que se intercambiaron coñecementos e experiencias que poideran servir de guia ao resto de entidades, ao tempo que posibilitar e dinamizar procesos de intercooperación e colaborativos, xurdidos do coñecemento do/a outro/a, que favorezan a consolidación e desenvolvemento de boas prácticas das entidades.

As sesións programáronse como sesións de networking nos que, durante dúas horas, as persoas asistentes déronse a coñecer ás demais e mediante procesos de presentación colectiva ou por grupos, informaron das súas actividades, produtos e servizos, que necesidades teñen, que ofrecen, en que poden axudar, que precisan do que fan os demais.

Todas as sesións contaron cunha breve exposición inicial e marco de actividades, para a continuación deixar todo o protagonismo ás persoas e entidades participantes. Nas exposicións introdutorias cada entidade contou cun tempo para exposición ou presentación con soporte audiovisual, traslado de necesidades e ofertas e/ou propostas de colaboración, buscando en todo momento fomentar as relacións colaborativas e de intercooperación.

No Meeting que tivo lugar con motivo da celebración conxunta das Asembleas, facilitouse con carácter previo un listado completo de persoas e entidades participantes para fomentar o intercambio durante o espazo do xantar, dun xeito máis distendido e informal, habida conta o marco, facilitando as presentacións e o intercambio os equipos técnicos de cada unha das entidades representativas.

No marco do programa creouse un espazo virtual de participación e intercambio, para dinamizar as relacións e darlle continuidade aos coñecementos e contactos iniciados nas sesións presenciais que se alimentará cos contactos, presentacións e conclusións ao longo do periodo de celebración dos Meetings. Creouse unha conta en linkedin: https://www.linkedin.com/groups/13619971/ .Este espazo virtual, permitiranos ademais superar os atrancos presenciais e incrementar o alcance dos intercambios xerando un espazo de encontro entre tódolos Meetings que se foron celebrando.

PARTICIPACIÓN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O número de entidades participantes no programa foi de 55. O nivel de asistencia foi de máis de 120 persoas nos tres networkings celebrados este ano. Do total de entidades participantes no programa, a maior presenza tivo que ver coa celebración conxunta das Asembleas, o que nos anima a continuar con esta liña no futuro. Das entidades asistentes a maioría son cooperativas e o resto entidades da economía social principalmente centros especiais de emprego e empresas de inserción, participando tamén outras entidades como grupos de acción costeira.

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar