Santiago, 19 de xaneiro de 2026.- O ForoESGal seguirá colaborando, un ano máis, con Ilunion Formación, pertencente ao Grupo Social ONCE, para facilitar a actualización e competitividade das persoas vinculadas á economía social. Trátase de cursos subvencionados polo SEPE, totalmente gratuítos para o traballador, que poderá elixir entre preto dunha trintena de accións formativas diferentes. Todos desenvolveranse de xeito online, a través de teleformación ou da aula virtual.
As temáticas son muy variadas e contemplan desde propostas centradas nas competencias dixitais, comercio electrónico, marketing ou venta online ata actividades que xirarán arredor do cambio climático, a dirección de equipos e o coaching, o empoderamento da muller con discapacidade ou inglés empresarial, entre outras.
A oferta formativa ten como obxectivo impulsar a capacitación das persoas que dan vida ao sector da economía social, facilitando a formación continua e a actualización de coñecementos e contribuíndo deste xeito á mellora da competitividade deste modelo empresarial.
As persoas interesadas poden acceder a toda a información relativa a esta interesante oferta formativa a través do seguinte enlace:
https://formacion.ilunionconsultoria.com/foroesgal#utm_source=foroesgal&utm_medium=foroesgal
Se ti tamén tes claro que a formación é fundamental para seguir avanzando e mellorando cada día, non dubides en inscribirte.