Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://twitter.com/foroesgalhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQ
Foroesgal
    • Gándara espera que esta “capitalidade” axude a que se recoñeza a economía social “como un antídoto contra a desigualdade social e a fragmentación territorial”.

 

O modelo empresarial que en Galicia representan máis de 74.000 socios, comuneiros ou mutualistas foi recoñecido hoxe como exemplar co anuncio por parte da ministra de Traballo e Economía Social e vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, da capitalidade española de economía social en 2022 para Santiago de Compostela. Un anuncio anhelado polos integrantes do Foro pola Economía Social Galega ( Foroesgal) que vén reforzar, segundo explicou o seu presidente, Celso Gándara, o importante papel que xoga este sector na autonomía galega. Un campo económico en plena ebulición que cada día está máis vertebrado, o que fai máis visible a súa contribución á sociedade e ao desenvolvemento sostible.Neste sentido, o presidente de Foroesgal apunta que a capitalidade será un escaparate perfecto para amosar o que se está facendo en Galicia “porque estamos nun momento moi importante, de crecemento, con exemplos de éxito empresarial que traspasan as nosas fronteiras e que lle dan maior sentido ao termo social”.

Gándara recoñece que desexaban este anuncio e márcase unha serie de obxectivos para esta capitalidade galega: “Debemos adquirir maior conciencia de sector, incrementando o sentimento de pertenza e orgullo pola contribución que realizamos en Galicia. Temos que lograr un colectivo con identidade, orgulloso da súa historia e envorcado na construción dun futuro centrado nas persoas e a cohesión social e territorial”.

Así mesmo, o portavoz do Foro espera que, coa elección de Santiago, os axentes políticos, económicos e sociais recoñezan á economía social como un dos antídotos contra a desigualdade social e a fragmentación territorial: “Necesitamos a súa axuda para fortalecer campos como o agroalimentario, o dos servizos sociais, o financeiro ou o cultural”. Nesta liña, pide que se estimulen fórmulas de economía social en ámbitos como o enerxético, o tecnolóxico ou a economía circular.

Dada a relevancia do anuncio, os membros do Foro pola Economía SocialGalega reuniranse nos próximos días para fixar un calendario de actividades que poña o foco nas singularidades e importancia deste sector en Galicia e trasladalas á sociedade en xeral.

A capitalidade para Santiago chega tras un 2021 no que se sucederon os recoñecementos á economía social galega. O pasado mes de novembro o Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio á economía social galega “un piar esencial da actual sociedade”, e no mes de decembro, o Parlamento de Galicia realizou tamén unha declaración institucional poñendo en valor os seus principios e a súa contribución á cohesión social.