Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

Foroesgal

Nace en Compostela o Foro pola Economía Social Galega

O manifesto fundacional da nova entidade foi subscrito por máis de 150 persoas.

.

14/03/2018. Dar visibilidade á economía social #ante a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses #ante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais, e xerando as condicións adecuadas para o desenvolvemento das súas entidades a través da  intercooperación e o acceso aos procesos de contratación públicos, son os principais obxectivos do Foro pola Economía Social Galega.

Esta asociación, presentouse en Santiago o 13 de marzo, foi constituída pola Unión de Cooperativas de Galicia ( EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias ( Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego ( Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia ( Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia ( Aeiga), entidades que representan a 371 organizacións, cun volume de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.

No manifesto fundacional, cuxa firma levou a cabo no acto, demándanse datos oficiais sobre a economía social en Galicia, que a saquen «da invisibilidade actual» e que lle dean a presenza acorde ao seu peso económico nos centros onde se toman decisións sobre o desenvolvemento económico, social e de emprego.

Para conseguir estes obxectivos, as cinco organizacións que constitúen o Foro solicitan que as administracións públicas «aproveiten a oportunidade que posibilita a nova Lei de Contratos do Sector Público, no que respecta, de forma específica, á incorporación de cláusulas sociais e mercados reservados para centros especiais de emprego e empresas de inserción».



Día histórico para Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, foi o encargado de inaugurar o acto, que cualificou de «histórico», e exaltou os valores que promove este modelo na procura da creación de emprego de calidade, «a través do fomento da igualdade de oportunidades, a inclusión, o desenvolvemento local ou o compromiso social e medio ambiental».

Conde destacou que «cando se traballa con valores contribúese de maneira diferente á economía e á sociedade, «porque este sector pon en primeiro plano ás persoas e demostra que unha forma de facer empresa distinta é posible». E destacou que no modelo produtivo que Galicia está a consolidar, o traballo da man da economía social é necesario para ser máis competitivos.

Pola súa banda, Celso Gándara, portavoz do Foro pola Economía Social Galega explicou que o Foro «non xorde da necesidade, senón do desexo de ser recoñecidos como un interlocutor máis na escena política e social de Galicia para poder influír nas políticas que nos afectan, e para comunicar á sociedade en xeral e as empresas en particular que o acto de comprar pode ter máis poder que o acto de votar».



Empresas fronteira

Celso Gándara sinalou que «somos organizacións que desenvolvemos proxectos socio-empresariais, e desenvolver ambas as cousas convértenos en empresas fronteira». Isto, continuou, significa que «realizamos a nosa actividade na fronteira entre o desenvolvemento da parte empresarial, nun mercado cada vez mais global e competitivo, e a dimensión social, baseada nos nosos principios onde a primacía das persoas e do fin social sobre o capital sérvennos de identidade e orientación».

Esta  simbiose socio-empresarial, dixo o portavoz, » articúlase a través dos nosos modelos de xestión e das nosas estratexias corporativas e de negocio, desta tensión entre principios e mercado xorde a nosa identidade e o sentido das nosas organizacións».

Celso Gándara falou tamén da importancia da economía social galega no seu conxunto que, segundo datos oficiais, no exercicio 2014 facturou 2.800 millóns de euros e empregou, en datos do exercicio 2017, a 13.000 persoas: «Non só xeramos riqueza, senón que a distribuímos equitativamente». Así mesmo  selañó a creación, por parte da economía social, dun «emprego de calidade, con especial preocupación polas persoas con diversidade e as persoas en risco de exclusión social».

Gándara acabou o seu discurso demandando «a pertenza ao Consello Económico e Social de Galicia para ter na nosa comunidade as mesmas posibilidades que o sector da economía social ha conseguido na maioría das comunidades autónomas e no Consello Económico e Social de España».

No acto interveu  despúes o presidente da Confederación Empresarial Española de Economía Social, Juan Antonio  Pedreño, que definiu a presentación como «o impulso definitivo para a economía social galega».  Pedreño defendeu «outra forma de facer empresa, que sexa un modelo de calidade».



Economía centrada en las personas

A responsable de Políticas Sociais do  Concello de Santiago, Concepción Fernández, clausurou o acto cunha intervención na que destacou que «o noso desafío é o desenvolvemento dunha economía social centrada nas persoas». A  Concelleira compostelá insistiu en que «o crecemento sostible só será posible con modelo económicos e empresariais centrados nas comunidades».

Máis de 150 persoas, entre autoridades, representantes empresarias, sindicais, de entidades financeiras e das universidades galegas, participaron na presentación do nacemento do Foro pola Economía Social de Galicia.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar