© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal

A sexta edición dos "Cafés con aroma a Economía Social" do ForoESGal abordarán a situación do sector ante o novo escenario xeopolítico internacional

Programa da VI edición dos "Cafés con aroma a Economía Social" que terán lugar o vindeiro 15 de outubro no Hotel Puerta del Camino de Santiago

 

 

Santiago, 30 de setembro de 2026 | O ForoESGal celebrará, o vindeiro 15 de outubro no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, a sexta edición dos Cafés con Aroma a Economía Social, unha proposta que ten entre os seus obxectivos reforzar a identidade da economía social, analizar novos valores como vantaxe competitiva e promover accións para o desenvolvemento do sector en Galicia.

Desta volta, o programa, dirixido ao persoal directivo e responsables de entidades do sector, artellarase baixo o título “A economía social ante o novo escenario xeopolítico internacional”, o que permitirá abordar a situación actual así como os principais retos e desafíos para o sector.

Contaremos para iso con voces expertas como a de Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University, encargado do relatorio-marco que abrirá o programa trala benvida institucional por parte do presidente do ForoESGal, Mino Martínez.

A continuación, o propio Otero intervirá nunha mesa redonda acompañado por Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) e de Celso Gándara, representante de ForoESGal en CEPES. A vicepresidenta 2ª do Foro, Ana Olveira, actuará como moderadora.

Acompañarannos representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que colabora na cita, así como do Concello de Santiago de Compostela.

Será, como é habitual, unha xornada pensada para promover o diálogo aberto, enriquecedor e diverso sobre un sector que ten un papel protagonista como motor de creación de emprego de calidade, cohesión social e xeración de riqueza.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar