Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://twitter.com/foroesgalhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQ
Foroesgal

O 14 de xuño celebramos a Asemblea conxunta das entidades da Economía Social

O mércores, 14 de xuño, as entidades que conformamos o Foro pola Economía Social Galega temos unha cita conxunta para desenvolver a Asemblea Xeral anual.

O evento dará comezo ás 12 h da mañá, unha vez rematadas as pertinentes Asembleas Xerais das entidades integrantes  do ForoESGal.

O noso presidente, Celso Gándara, inaugurará o evento e dará pé ao relatorio de Juan Vázquez Gancedo, director xeral de Bodegas Martín Códax ao remate do que iniciaremos unha mesa redonda protagonizada por Jessica Rey, directora de Marketing e Comunicación de CLUN; Marta Paz, socia da cooperativa Coma, Comunicación Creativa; Albert Alberich, director da coopeativa Moda-Re e María Acuña, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Galega de Economía Social. A temática xirará arredor dunha práctica esencial para as empresas: unha boa comunicación e o emprego do marketing, elementos indispensables para resultar competitivos ante a competencia.

As persoas asistentes poderán coñecer tamén a exposición "O PERTE de economía social e dos coidados, a cargo do Alto Comisionado para a Economía Social, Víctor Mesenguer.

A clausura correrá a cargo de María Jesus Lorenzana Somoza, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

As inscricións deben realizarse clicando neste enlace antes do día 9 de xuño.