Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

Foroesgal

Información facilitada por CEPES

Segundo o informe ‘A Economía Social na formación universitaria de posgrao. Curso 2020-2021’, realizado por CEPES, no curso 2020-2021 as universidades españolas ofertaron 140 accións formativas de posgrao e tres doutorados relacionados coa Economía Social, fronte ás 29 existentes no curso 2015-2016 (un 483% máis).

  • O 65% das universidades españolas asociadas á CRUE (50 sobre 76) realizan algún curso sobre emprendemento, creación e xestión de empresas de Economía Social, de forma xeral ou sobre algunha das súas fórmulas empresariais.
  • Este ascenso é unha mostra do interese da sociedade, alumnos e docentes por este modelo empresarial sostible, competitivo, igualitario, responsable, solidario, democrático, onde priman as persoas e o emprego estable e de calidade. Máis de 20 millóns de españois están asociados a unha empresa de Economía Social.
  • O informe ‘A Economía Social na formación universitaria de posgrao. Curso 2020-2021’ está dispoñible no seguinte link: https:// docs. google. com/ viewerng/ viewer?url= https://www.cepes.es/files/publicaciones/123.pdf

A formación de posgrao nas universidades españolas creceu nos últimos cinco cursos académicos un 483 %, ao pasar de 29 accións formativas de posgrao no curso 2015-2016 ás 140 existentes actualmente (ademais de tres doutorados). Así o mostra informe ‘A Economía Social na formación universitaria de posgrao. Curso 2020-2021’, do cal se desprende que actualmente o 65 % das universidades españolas dispoñen de estudos de posgrao sobre emprendemento, creación e xestión de empresas de Economía Social (concretamente 50 das 76 universidades asociadas á Conferencia de Reitores de universidades españolas ( CRUE) e a recentemente creada Escola Internacional EDIS).

O informe, realizado anualmente por CEPES, mostra as diferentes modalidades de formación existente en materia de Economía Social. Mentres algunhas universidades desenvolven cursos vinculados directamente con este modelo empresarial, outras contemplan á Economía Social dentro da súa programación e plans de estudo, ou centrándose nalgunha das súas diferentes modalidades xurídicas. O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, valorou “o importante aumento no número de cursos de posgrao sobre Economía Social rexistrado nos últimos anos, proba do interese da Sociedade por este modelo empresarial e tamén dos alumnos e docentes, e do seu peso crecente ante a actual conxuntura, pois a reconstrución demanda empresas de Economía Social, que xeran emprego estable e de calidade, paritarias e inclusivas, competitivas e responsables, democráticas e solidarias, que non se deslocalizan e demostran que é posible axuntar rendibilidade económica e de calidade”.


Pedreño precisou que “o sector académico debe seguir potenciando a formación específica en Economía Social, tanto en cursos de posgrao como nos propios estudos de grao, debido á necesidade de coñecemento existente por parte dos alumnos e empresas, así como a aínda limitada oferta existente no mundo académico”.

CC. AA. con máis accións formativas en Economía Social

Das 140 accións formativas de posgrao e 3 doutoramento relacionados coa Economía Social no curso 2020-2021, 23 desenvólvense en Madrid e Cataluña. Séguenlle País Vasco e Castela e León, con 18 cada unha. Despois Andalucía, con 16; Comunidade Valenciana, con 15; Castela-A Mancha, con 3; Estremadura, con 2; e Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón e Canarias, con 1.

En canto á evolución temporal da oferta formativa da economía social, observouse un incremento interanual do 6,4 por 100 no número de accións formativas ofertadas polas Universidades; este feito pon de manifesto a importancia de investigar e analizar a presenza da economía social no ámbito académico (obxectivo deste informe) co fin de ampliar, fomentar e difundir a oferta formativa existente e facela extensiva en todas as etapas da educación superior.

Fomentar o coñecemento e a profesionalización

O obxectivo principal deste informe é visibilizar a oferta formativa de posgrao que existe en cada curso académico dirixida a fomentar o coñecemento e a profesionalización sobre os modelos empresariais da Economía Social, dado que a formación que as universidades ofrecen aos seus alumnos nos graos relacionados con estudos empresariais non aborda suficientemente os coñecementos especializados en Economía Social, co que os alumnos ven obrigados a cursar formación de posgrao que complemente esas carencias Neste exercicio, o informe, que CEPES realiza desde 2012, enmárcase no catálogo de actuacións que CEPES desenvolve dentro do marco estratéxico español de Economía Social 2017-2020, aprobado polo Goberno de España e cuxo obxectivo último é a posta en marcha de instrumentos que impulsen ás entidades da Economía Social, por exemplo a través do incremento da visibilidade das entidades da economía social e de difusión da súa actividade.

O informe ‘A Economía Social na formación universitaria de posgrao: curso académico 2020-2021’ atópase publicamente dispoñible na páxina web de CEPES a través do seguinte link: https:// docs. google. com/ viewerng/ viewer?url= https://www.cepes.es/files/publicaciones/123.pdf